CHAMÁDEME SIMBAD
de Francisco Castro
184 páxinas
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o
mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é
Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por
todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos,
coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que
comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o
entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber
como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a
enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
ESCRIBE AQUÍ TUS DUDAS, COMENTARIOS...