SEÑOR MECO
de Mar Guerra
MERLÍN, XERAIS - 168 págs.
Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu
irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ca el, é o aplicado, sempre
mergullado nos seus libros. Manu non entende como o seu irmán prefire
arrodearse dun feixe de follas impresas no canto de andar de troula.
Manu e Xan son xemelgos, pero non hai no mundo dous irmáns máis
diferentes. Mais cando coñezan a Mkono Mzuri, o señor don Meco, un
emigrante africano que traballa na praza do barrio, todo mudará nas súas
vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
ESCRIBE AQUÍ TUS DUDAS, COMENTARIOS...